Cargando resultados...
O gasto medio polo san Valentín andará polos 90 euros
O comercio e os restaurantes prepáranse para un dos días do ano en que máis facturan
G24.gal
13/02/2023 21:11
Os escaparates non deixan lugar a dúbidas. O Día de San Valentín xa está aquí para os que gustan das celebracións en parella.
As tendas ofrecen todo tipo de detalles.
Bares e restaurantes elaboran menús especiais e as pastelarías fan doces para a ocasión.
Mais hai a quen non lle gusta celebrar o 14 de febreiro.
Con todo, de media os españois gastarán este ano algo máis de 90 euros polo San Valentín.