As reivindicacións feministas encheron este 8M as rúas das principais cidades galegas
As reivindicacións feministas encheron este 8M as rúas das principais cidades galegas
Rachar o teito de cristal, acabar coa precariedade laboral feminina ou erradicar a violencia machista seguen sendo as reivindicacións do feminismo
A chuvia uniuse este venres aos obstáculos que cada día afronta o 52 % da poboación galega.
Desafiando o mal tempo, a convocatoria da Marcha Mundial das Mulleres xuntou nas 7 cidades do país, pero tamén en Ribadeo, Marín ou Betanzos, milleiros de persoas unidas baixo unhas mesma demanda: rachar o teito de cristal, acabar coa precariedade laboral feminina ou erradicar a violencia machista.
Na marcha da Coruña estivo a líder do BNG, Ana Pontón, e na de Vigo, o líder dos socialistas galegos, González Formoso, e o seu último candidato á Xunta, Gómez Besteiro.
Uniron as súas voces as de quen celebra que cada vez haxa menos diferenza nas taxas de paro feminino e masculino, pero tamén para lamentar que elas teñan máis temporalidade, que traballen máis horas non remuneradas e que sigan sendo minoría nos consellos de administración e maioría á hora de coidar os dependentes.