Publicador de contidos
Publicador de contidos

As residencias de maiores pídenlles o certificado da covid ás visitas

As residencias de maiores pídenlles o certificado da covid ás visitas

Tamén se esixe nos centros para persoas con discapacidade

Estará en vigor, polo momento, ata o 18 de xaneiro

G24.gal 18/12/2021 13:36

Dende este sábado tamén é preciso presentar o certificado de vacinación nas visitas a residencias de maiores e centros para persoas con discapacidade de toda Galicia. 

A medida foi avalada polo Tribunal Superior de Xustiza de Galicia e estará en vigor, de momento, ata o vindeiro 18 de xaneiro.

Quen non teña a vacina terá que presentar unha PCR negativa, feita nas 72 horas anteriores, ou un test de antíxenos negativo, de 48 horas antes. Admitiranse tamén os certificados de ter superada a enfermidade nos últimos seis meses.

Ata este momento, nestes centros xa se estaba a ter un coidado especial para evitar a transmisión do virus. Non se permitían aglomeracións e facíase un control exhaustivo do uso da máscara durante as visitas.

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos