As Tanxugueiras confirman a súa candidatura a Eurovisión en galego
As Tanxugueiras confirman a súa candidatura a Eurovisión en galego
Aseguran que se presentan "con pandeiretas e coa nosa sonoridade, abofé que si!"
O candidato para representar España no certame de Eurovisión escollerase no Benidorm Fest o próximo mes de xaneiro. E niso as Tanxugueiras xogaban coa vantaxe dos eurofans: saíron escollidas nunha enquisa de eurofans como as favoritas.
O seu tema Figa gustou para representar a España por varios motivos, e entre eles está o idioma. Sería a primeira vez que España levase unha canción nalgunha das linguas cooficiais.
Agora, aseguran que teñen unha canción orixinal para levar ao Festival de Benidorm: en galego, con pandeiretas e coa súa sonoridade.
Confirmamos, si! Presentámonos, en galego, con pandeiretas e coa nosa sonoridade, abofé que si! 😌😌 https://t.co/anVWZJ5M1X
— T A N X U G U E I R A S (@tanxugueiras) November 16, 2021