Publicador de contidos

Publicador de contidos

O galego entra por primeira vez nunha preselección de Eurovisión con Tanxugueiras

O galego entra por primeira vez nunha preselección de Eurovisión con Tanxugueiras

Participarán no Benidorm Fest 2022 coa canción 'Terra'

G24.gal 10/12/2021 11:49

Tanxugueiras participarán no Benidorm Fest 2022 tras ser a súa canción 'Terra' unha das 14 seleccionadas de entre as 886 propostas recibidas por Radio Televisión Española (RTVE).

O tema que competirá por representar España en Eurovisión non se poderá escoitar ata o próximo 23 de decembro, pero é unha canción en galego na mesma liña que 'Figa', cos mesmos sons tradicionais mesturados con ritmos urbanos. 

A súa canción 'Figa' fora elixida polos eurofáns na elección interna da revista Eurovisión-Spain.com e o pasado 16 de novembro anunciaban na súa conta de Twitter que se presentaban a Eurovisión.

O gañador do Benidorm Fest representará España na 66ª edición do Festival de Eurovisión, que producirá en Turín os días 10, 12 e 14 de maio. E se son as Tanxugueiras as gañadoras, sería a primeira vez na historia que unha canción nun idioma cooficial e en galego represente a España en Eurovisión.

Así de ilusionadas viamos a Olaia Maneiro, Aida Tarrío e Sabela Maneiro ao recibir a noticia.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade