Publicador de contidos
Publicador de contidos

As tendas de discos sobreviven á era de Internet

As tendas de discos sobreviven á era de Internet

O que máis venden é o CD, pero están en auxe agora os vinilos

Nestes establecementos predomina a venda presencial

G24.gal 29/05/2024 13:51

Don Disco é unha desas tendas onde perderse entre as súas 9.000 referencias musicais. Sinalan que, malia que o sector se viu afectado polas reproducións en Internet, seguen tendo mercado. 

"Todo baixou moito, pero seguimos tendo un mercado que se move cada vez máis, pero é complicado. Son moitos grupos, sae moita música e non podes ter todo", conta Eva Lugilde, xerente de Don Disco.

Esta mesma tendencia nótana nesta outra tenda de discos. Polo momento gañan os cedés, pero os vinilos son tamén demandados polos máis novos.

"Ata fai pouco era xente de 30 para arriba pero agora a xente nova compra tamén vinilos, cando antes moitos non sabían nin o que era. Hai xente que o compra incluso sen ter reprodutor de vinilos na casa, só por telo", explica Alberto Gay, xerente de Discos Cede.

Na era das compras en liña aquí segue predominando a venda presencial.

"Incluso mandamos pedidos para fóra de España, pero seguimos vendendo máis na tenda física. Ao Xapón vendemos moitísimo, música española sobre todo", sinala Eva Lugilde, xerente de Don Disco.

Hai opcións para todos os gustos e de todas as épocas e cada vez son máis os que optan por regalar música, regalar cultura.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar