Publicador de contidos
Publicador de contidos

As urxencias hospitalarias, saturadas polos virus infantís

As urxencias hospitalarias, saturadas polos virus infantís

 Duplícase a incidencia de virus respiratrorios que sería normal nesta época

G24.gal 04/11/2022 13:54

Nas urxencias pediátricas comezan a falar de saturación. Son moi elocuentes, como exemplo, as cifras do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago: calcúlase que hai xornadas nas que están atendendo en urxencias ata 150 meniños e un 80%, é dicir, uns 120, por patoloxía respiratoria.

Estas circunstancias están a obrigar xa os hospitais a retocar os seus plans asistenciais, porque o pico outonal dos virus respiratorios infantís está por chegar: sería dentro de 3 semanas.

Para comprender o que sucede este outono, que haxa tantos nenos xuntos maliños por diferentes virus respiratorios, os pediatras explícannos o concepto de 'nenos naive'Naif significa inxenuo, e iso é un pouco o que lle pasa ao seu sistema inmune: que, despois de vivir entre máscaras e burbullas, non coñecía aínda os patóxenos e non desenvolvera defensas. Ao levantar as restricións,  viñeron todas xuntas: gripe, catarro, VRS... 

O volume de ingresos non chega nin ao 5 % do volume de consultas, que si son altísimas, máis do dobre do pico dun ano normal. Por iso é tan importante vacinar os nenos contra a gripe de entre 6 meses e 5 anos. Febres altas, tose, moco, vómitos, diarreas están a prolongarse este ano ata dez días por estas infeccións víricas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade