Publicador de contidos
Publicador de contidos

As vendas de vehículos de ocasión en Galicia medraron un 13 % en xullo

As vendas de vehículos de ocasión en Galicia medraron un 13 % en xullo

Aumenta a demanda de coches seminovos e quilómetro cero, baixa a dos coches con maior idade

O prezo e a dispoñibilidade inmediata animan o mercado de segunda man

G24.gal 08/08/2024 14:38

O crecemento das vendas dos coches de ocasión é continuado, pero o mes de xullo foi toda unha explosión cun aumento do 13 % en Galicia.

"Os coches novos subiron moito de prezo eu optaría por segunda man"; "Eu penso que os prezos están intratables, tanto dos vehículos novos como dos de ocasión"; "Eu merquei de ocasión porque estaba en moi boas condicións, poucos quilómetros e non o pensei dúas veces", din algúns condutores.

Non só o prezo move este mercado. Desde a pandemia os prazos de entrega dos coches novos dilatáronse e moitos clientes queren a entrega inmediata. Canto ao tipo de motor, preto da metade das vendas de ocasión son de diésel.

"Segue gañando o diésel, a gasolina está moi presente no crecemento e o híbrido tamén, a xente pregunta polas zonas de emisións baixas nas cidades", explica Alfredo Miguélez, vendedor de coches.

Ademais, retroceden as vendas dos vehículos de máis de dez anos e medra o interese polos vehículos con menor idade.

"Temos coches cun ano e 5.000 quilómetros, mesmo de cero quilómetros. Aí é onde competimos coa venda de coche novo, é un seminovo, pero practicamente un reestrea", engade o vendedor.

Malia o impulso do mercado de ocasión, o parque móbil segue a estar envellecido. Segundo a patronal Anfac, máis da metade dos coches en Galicia teñen máis de quince anos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos