Publicador de contidos
Publicador de contidos

As verduras tamén son unha alternativa para as ceas e xantares destas datas

As verduras tamén son unha alternativa para as ceas e xantares destas datas

Coliflor, repolo do país e romanescu son as máis demandadas, seguidas da col lombarda

O bacallau é a mestura máis habitual coas verduras e hortalizas nesta época

G24.gal 26/12/2023 19:52 Última actualización 26/12/2023 20:06

Coliflor, repolo do país e romanescu son as verduras máis demandadas para as ceas e xantares das datas sinaladas das festas de nadal, aninovo e reis. E, en menor medida, a lombarda e a col de Bruxelas.

En moitos fogares considéranse un bo complemento para calquera prato e xa ata se aposta por tubérculos máis propios do Entroido.

Feitas ao forno ou cun rustrido, como recheo do capón ou simplemente como guarnición de peixes e carnes, seguen a ter éxito e é que ata non hai moito eran de consumo nas datas sinaladas.

A mellor mestura é co bacallau. Un produto que tampouco sobe de prezo nestas datas e iso que a demanda está disparada. Un peixe que ofrece todas as garantías para triunfar, por exemplo, na noitevella que se achega.

Así pois, aínda hai días para mercar unhas verduras e hortalizas a prezos moderados, versátiles na cociña e boas para a saúde.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade