As xogadoras piden "tolerancia cero" e recoñecen estar cansas pola situación que viven
As xogadoras piden "tolerancia cero" e recoñecen estar cansas pola situación que viven
Alexia Putellas: "Nunca pedimos a destitución, nin poñer nin quitar un adestrador"
Montse Tomé: "O tema que sae de que as xogadoras non nos queren non o escoitei delas"
Irene Paredes: "Queremos que isto sexa un punto de inflexión"
A selección española xa está en Gotemburgo, onde disputará este venres o partido ante Suecia da Nations League. No día previo ao encontro, a seleccionadora Montse Tomé respondeu ás preguntas dos xornalistas, principamente sobre a situación das xogadoras da selección:
"O que quixemos foi protexelas, axudalas, estar con Jenni, que é a que o pasou mal e tamén as súas compañeiras"
"Non foi un fallo na comunicación senón na interpretación. Preguntáronme se falara con xogadoras, pero non se falara con todas"
Tras ela, Alexia Putellas e Irene Paredes debullaron de maneira breve, como elas mesmas avisaron debido a que non tiñan moito tempo antes do adestramento, a situación que viven actualmente tras o pulso coa Federación de Fútbol
Irene Paredes: "Estamos cansas. A luz ao final do túnel aínda non se ve, isto é moi longo"
A futbolista tamén agradeceu o papel do CSD, pero lembrou que lchega "moi tarde" e que, ata o momento, sentíronse "moi soas"
"Para que se dean cambios cremos que temos que estar aquí, e por iso quedámonos"
O primeiro que ambas as xogadoras remarcaron é de novo os feitos intolerables que ocorreron e que derivaron nesta situación. Logo insistiron en que o que elas piden é "respecto". Paredes, de feito, foi moi contundente nas súas palabras e insistiu en que o único que perseguen é ter "unhas condicións" porque o seu obxectivo final é xogar ao fútbol, pero para iso necesítanse cambios.
"Ata o de agora non foi do todo posible. Estamos a tentar, e demandando cambiar cousas. Para que nalgún momento chegue o punto de que as xogadoras só se dediquen a xogar. E non teña que estar pendentes de se o sistema funciona ou non".
Posteriormente tamén lamentou que se sentiron sen apoio en moitas ocasións durante as súas reivindicacións e que buscan que isto sirva de precedente para que non se repitan situacións similares no futuro.
"É verdade que agora entrou o CSD de maneira moi contundente, e agradécese, pero ata o de agora sentiámonos soas, así o fixemos saber tamén que chegaban tarde, e todo iso hai que corrixilo. Esperemos que non volva pasar, pero se pasa debe haber protocolos para que interfiran no mesmo instante en que pasen cousas".
Paredes recoñeceu que todas as xogadoras están moi "cansas", que durmiron moi pouco nestas semanas, pero cren que se están mellorando cousas aos poucos. "
"A luz ao final do túnel aínda non se ve, isto é moi longo. Somos conscientes de que agora temos o altofalante e temos moita xente detrás, compañeiras doutras seleccións e deportes, tamén mulleres que nos seus traballos están a sufrir casos similares, e queremos que isto poida ser un punto de inflexión onde mirarse e onde poidan levantar a voz e dicir a min tamén me pasou isto, e erradicar todo tipo de situacións como as que pasaron".
Alexia Putellas falou sobre a posible destitución de Montse Tomé:
"Nunca pedimos destitución, nin poñer nin quitar un adestrador"
"Todo o que fixemos foi trasladar inquedanzas ou conceptos nos cales o vestiario non terminaba de sentirse cómodo"