Publicador de contidos
Publicador de contidos

A violencia esténdese por Ecuador, onde xa contan dez falecidos

A violencia esténdese por Ecuador, onde xa contan dez falecidos

O presidente Daniel Noboa declarou a existencia dun conflito armado interno e ordenou ao exército desmantelar os 22 grupos criminais

G24.gal 10/01/2024 13:33

Dez persoas morreron e 70 foron detidas na vaga de violencia exercida por grupos armados vencellados co narcotráfico que se estende por Ecuador.

O presidente do país suramericano declarou a existencia dun conflito armado a nivel nacional e despregou o exército para retomar o control da situación.

Engrillonados e escoltados pola policía abandonaban os trece asaltantes da canle de televisión TC de Guayaquil saían das instalacións do medio de comunicación. Horas antes, encapuchados e fortemente armados tomaran os estudios mentres se emitía en directo o principal informativo diario.

Nesta ocasión non houbo vítimas mortais, pero si noutros lugares do país onde dez persoas morreron en distintos ataques rexistrados na cidade de Guayaquil, a máis poboada do país, e na veciña Nobol.

Segundo a policía ecuatoriana, hai 70 detidos e 17 presos fuxidos do cárcere volveron ser capturados.

Na cidade de Machala, tres policías secuestrados foron liberados e varios máis permanecen retidos.

A pesar de estar en vigor o estado de excepción, o presidente Daniel Noboa declarou a existencia dun conflito armado interno e ordenou ao exército desmantelar os 22 grupos criminais responsables da vaga de violencia.

A Asemblea Nacional apoiou, sen fisuras, os soldados e policías encargados de restablecer a seguridade en Ecuador, que tamén recibiu a solidariedade doutros gobernos e organismos internacionais.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade