Asasinan a xornalista mexicana Lourdes Maldonado, o segundo crime contra a prensa en Tijuana nunha semana

O seu cadáver apareceu en Tijuana, no estado de Baixa California, dentro do seu coche con varios impactos de bala na cara
Asasinada a xornalista mexicana Lourdes Maldonado. É o segundo crime mortal contra a prensa en Tijuana nunha semana e o terceiro no que vai de mes. Maldonado lanzou unha mensaxe de alerta ao presidente Andrés Manuel López Obrador. Foi hai tres anos nunha conferencia de prensa no palacio Nacional.
Este domingo, o seu cadáver apareceu en Tijuana, no estado de Baixa California, dentro do seu coche con varios impactos de bala na cara; suma outra vítima a ringleira de asasinatos de informadores en México, o país do mundo máis letal para a prensa.
Maldonado fora reporteira de Televisa e levaba anos cunha denuncia contra unha cadea local propiedade do exgobernador do Estado Jaime Bonilla por despedimento inxustificado.