Publicador de contidos
Publicador de contidos

Un accidente de autobús no norte do Perú deixa polo menos 27 mortos

Un accidente de autobús no norte do Perú deixa polo menos 27 mortos

A fiscalía pide deter o conductor por un presunto delito de homicidio culposo

G24.gal 30/04/2024 09:40

A Fiscalía do Perú informou este luns que subiron a 27 os falecidos no accidente dun autobús de pasaxeiros que caeu a noite do domingo a un abismo no departamento peruano de Cajamarca (norte), polo que solicitou a detención preliminar do condutor do vehículo.

A solicitude da detención en flagrancia "realízase debido a que o condutor sería o suposto autor dos delitos de homicidio culposo e lesións culposas, en agravio das vítimas do accidente automobilístico".

Ata o momento, as autoridades peruanas confirmaran 25 vítimas mortais e 15 feridos no accidente.

Un equipo de fiscais achegouse á zona do accidente para reunir información sobre as causas.

O autobús precipitouse por un abismo de 200 metros de profundidade e caeu ao leito do río Sendama ao seu paso polo municipio Celendín, un sector cunha xeografía complexa que dificulta o rescate.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade