Ascenden a máis de 2.800 os mortos no terremoto de Marrocos
Ascenden a máis de 2.800 os mortos no terremoto de Marrocos
Os equipos de rescate españois xa axudan na procura de superviventes
A axuda aínda non chegou a 17 das aldeas afectadas
72 horas despois do tremor, moitos marroquís atrevéronse a volver entrar nas súas casas na aldea de Talat En Yacub. Tentan recuperar os poucos mobles aínda aproveitables que quedaron entre os cascallos.
Outras perdas son irrecuperables: as paredes sepultaron o venres o irmán de 7 anos de Muath. De entre os restos seguen emerxendo cadáveres: xa van máis de 2.800. Os equipos de rescate traballan contra o reloxo na procura de superviventes. Esa é a prioridade desta oenegué española.
Antonio Nogales, presidente de Bombeiros Unidos Sen Fronteiras, relatou que "o nivel de destrución é absoluto. Non quedou ningunha vivenda en pé e imos comezar cos cans para ver se localizamos a algunha persoa viva".
De momento, Marrocos só aceptou a presenza sobre o terreo de especialistas de Qatar, os Emiratos Árabes, o Reino Unido e España.
Os 56 membros da Unidade Militar de Emerxencias, axudados por 4 cans, xa están despregados en Asni e Commune Anougal, a 25 quilómetros do epicentro do sismo.
17 aldeas das zonas máis remotas do Alto Atlas denunciaron que aínda non lles chegou ningunha axuda básica. O accidentado da orografía só permite nalgúns puntos o lanzamento desde o aire de alimentos e medicinas.
Entre tanto, 13.000 persoas xa respondero ao chamamento para doar sangue coa que atender os 2.500 feridos que, polo momento, deixa o sismo.