Publicador de contidos
Publicador de contidos

Así é o calendario laboral deste 2023 nos 10 concellos máis poboados de Galicia

Así é o calendario laboral deste 2023 nos 10 concellos máis poboados de Galicia

G24.gal 02/01/2023 19:13

O calendario laboral de 2023 establece un total de oito días festivos estatais que se celebrarán de forma conxunta en toda España. Aquí tes unha noticia con todos os detalles.

Súmanse catro de carácter autonómico e dous fixados polos concellos, entre os que destaca o Martes de Entroido, o Luns de Pascua e o 16 de agosto, día de San Roque.

A continuación deixámosche os calendarios de cada un dos dez concellos máis poboados de Galicia, que podes descargar comodamente como arquivo de imaxe. Lembra que podes consultar tamén o resto de concellos nesta listaxe publicada no DOG.

Vigo

A cidade de Vigo celebrará a Reconquista (28 de marzo) e San Roque (16 de agosto).

A Coruña

Martes de Entroido (21 de febreiro) e as festas de San Xoán (24 de xuño) son os festivos locais.

Ourense

Toman como festivos locais o Martes de Entroido (21 de febreiro) e o San Martiño (11 de novembro).

Lugo

Festexan Martes de Entroido (21 de febreiro) e San Froilán (5 de outubro).

Santiago de Compostela

As celebracións serán o Día da Ascensión (18 de maio) e o San Roque (16 de agosto).

Pontevedra

Son festivos o Mércores de Cinza (2 de febreiro) e o San Bieito (11 de xullo).

Ferrol

Os días festivos son o Martes de Entroido (21 de febreiro) e o Luns de Pascua, na honra da Nosa Señora do Chamorro (10 de abril).

Narón

Celebran o Martes de Entroido (21 de febreiro) e o Día de Narón (23 de novembro).

Vilagarcía de Arousa

Festexan Santa Rita (22 de maio) e San Roque (16 de agosto).

Oleiros

Celebran o Martes de Entroido (21 de febreiro) e o Luns de Pascua (10 de abril).

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar