Así queda o calendario escolar 2024/25: comeza o 11 de setembro e remata o 20 de xuño
Así queda o calendario escolar 2024/25: comeza o 11 de setembro e remata o 20 de xuño
Haberá tres períodos vacacionais: Nadal, do 23 de decembro ao 7 de xaneiro; Entroido, os días 3, 4 e 5 de marzo, e Semana Santa, do 14 ao 21 de abril de 2025
O Diario Oficial de Galicia publica este martes o calendario escolar do próximo curso 2024/25, que se iniciará o 11 de setembro e finalizará o 20 de xuño en todas as etapas educativas, do mesmo xeito que o servizo de comedor.
Os centros poderán facer unha incorporación gradual dos alumnos de 4º curso de Educación Infantil que non se alongará máis aló do 17 de setembro, mentres que os alumnos de 2º de bacharelato terminarán as súas clases de acordo coas datas previstas para as probas de acceso á universidade.
As probas de avaliación para os estudantes de 4º de primaria e de 2º de ESO efectuaranse entre o 1 e o 11 de abril. Haberá tres períodos vacacionais: Nadal, do 23 de decembro ao 7 de xaneiro; Entroido, os días 3, 4 e 5 de marzo; e Semana Santa, do 14 ao 21 de abril de 2025.