Consulta o avance da nova tempada de festivais en Galicia
Consulta o avance da nova tempada de festivais en Galicia
Bad Gyal e e La M.O.D.A están entre os artistas confirmados para o PortAmérica 2023
Este mércores comeza a primeira venda de abonos para O Son do Camiño 2023
Comezan a confirmarse os primeiros artistas e a saír adiante os anuncios dos próximos festivais galegos para o ano 2023. Deixámosche aquí o que se sabe polo momento!
PortAmérica 2023
O festival PortAmérica, que terá lugar os días 13,14 e 15 de xullo en Pontevedra, xa publicou o seu cartel.
Estará encabezado por artistas de xéneros e estilos diferentes. Entre eles atópanse Bad Gyal, Jorge Drexler e LA M.O.D.A. O festival aposta, ademais, pola música internacional, contando coa presenza de grupos de rock arxentino coma os Bandalos Chinos ou coa cantautora mexicana, Silvana Estrada.
Chegarán tamén ao PortAmérica artistas que representan a nova tendencia do pop español. É o caso de cantantes coma Pole, Dani Fernández ou a banda Sexy Zebras.
Neste sentido, completan o cartel varios nomes do panorama musical galego, entre os que se atopan Grande Amore e os picadiscos Galician Army e La Duendeneta.
O Son do Camiño
Por outra banda, volve a Santiago de Compostela outro dos festivais máis coñecidos do verán galego. O Monte do Gozo, en Santiago de Compostela será o escenario da quinta edición do Son do Camiño durante os días 15, 16 e 17 de xuño.
A organización aínda non anunciou o cartel, indicando simplemente que contará con tres escenarios e cincuenta artistas. Non obstante, este mércores saen as entradas á venda para aqueles que opten por mercalas sen coñecer os artistas. Estes abonos, que eles clasifican de "abonos fieis", custarán a partir de 69 euros máis os gastos de xestión.
Ademais, levan varios días cun sorteo aberto na súa conta de Instagram. O gañador, que se coñecerá tamén este mércores, ten como premio catro abonos individuais.
ABONOS Á VENDA + SORTEO EN INSTAGRAM 😎
— O Son do Camiño (@OSonDoCamino) December 20, 2022
Mañá ás 13:00h sairán á venda os Abonos Fieis da próxima edición de O Son do Camiño en https://t.co/cIZnfvJelB 😱 pic.twitter.com/9TBS15JJqX
Resurrection Fest
Os organizadores do Resurrection Fest, un dos festivais de hardcore e metal máis importantes de España, confirmaron que os grupos Slipknot, Pantera e Ghost, encabezarán o cartel da próxima edición, que se celebrará entre os días 28 de xuño e 1 de xullo de 2023 en Viveiro (Lugo), xunto a máis de 80 bandas.
Ouren Sound Fest
O Ouren Sound Fest xa confirmou case todos os seus artistas (faltan dous) para o vindeiro mes de maio. O cartel do festival ourensán aposta pola música galega incluíndo artistas coma Baiuca, o picadiscos La Duendeneta ou grupos coma A Banda da Loba ou Galician Army.
Chegarán tamén a Ourense varios artistas do panorama do rock e pop español. Entre eles Andrés Calamaro e Juancho Marqués.
As entradas xa están á venda na páxina web do festival dende 25 euros.
CONFIRMACIONS@JMarquesSoprano e Carlangas únense a #primeirafestadoveran no #ourensoundfest2023.
— Ouren sound Fest (@Ourensoundfest) December 15, 2022
🎫 https://t.co/Wmn40vgsg9@DeputacionOU@Xunta @Turgalicia @camino_xacobeo @ConcelloOurense @VibraMahou @gadis @thunderbitch_es @LaRegion pic.twitter.com/ngeaoVzuGe
Festival de Vilalba (FIV)
O Festival FIV volve no 2023 a Vilalba, e sacou este martes o seu cartel. Terá lugar os días 28 e 30 de abril con artistas coma Delaporte ou Carlangas. Aínda quedan máis por anunciar.
As entradas xa están dispoñibles na súa páxina web. Aínda que xa están agotados os abonos máis baratos.
💫 Tiñamos as datas, tiñamos as ganas… Faltaban os nomes e aquí están. Primeiros confirmados #FIV2023
— FIV de Vilalba (@fivdevilalba) December 20, 2022
➡️ Ás 16:00h, abonos á venda!
.
.
@lacasaazuloficial @sidonie_ @Delaportemusic @carlos_pereiro_ @hickeysband#fiv2023 #FIVdeVilalba @ConcelloVilalba#VibraMahou @vibramahou pic.twitter.com/tViwg0HiQc