Así serán as cabalgatas de Reis en Galicia
Así serán as cabalgatas de Reis en Galicia
Os Reis Magos chegarán este ano a Ourense por primeira vez en AVE, e farán o seu desfile por rúas anchas para evitar aglomeracións.
En Ferrol a comitiva real sairá ás cinco da tarde de Caranza e rematará no teatro Jofre. E A Coruña tamén aposta por un desfile, pero máis curto ca outros anos. Serán as tres únicas cidades que manteñan este ano a tradicional cabalgata.
En Vigo farase a recepción oficial aos Reis Magos na avenida de Castelao. Habilitarán tres carrís, o máis afastado será de acceso libre e para os outros dous hai dispoñibles 20.000 entradas previa inscrición na web do concello. Para os cativos confinados habilitarán liñas directas coas súas maxestades a través de videochamada, sempre que a soliciten.
En Santiago, os nenos poderán visitar os reis Magos no parque de Bonaval, pero con cita previa.
En Pontevedra, os Reis recibirán os pequenos na praza da España e en Lugo na explanada do auditorio. Estas cabalgatas estáticas terán horarios de mañá e tarde.