Cargando resultados...
Asolagamentos e danos en cultivos por treboadas con pedrazo na Pastoriza e na Pobra de Trives
Asolagamentos e danos en cultivos por treboadas con pedrazo na Pastoriza e na Pobra de Trives
En 20 minutos de pedrazo os sumidoiros non deron abasto e quedaron asolagados baixos e vivendas
G24.gal
19/06/2024 15:01
A horas de que comece o verán, as treboadas visitan Galicia, con danos na Terra Chá, na provincia de Lugo e na montaña de Ourense.
Un intenso pedrazo estragou hortas e cultivos no concello lugués da Pastoriza. No ourensán de Pobra de Trives caeu tanta sarabia que parecía que nevara. Foron 20 minutos de pedrazo e os sumidoiros non deron abasto. Asolagaron baixos e vivendas. A auga entrou no cento de saúde e o graínzo danou leiras sementadas e viñas.