Os cultivos afectados en Valencia ascenden xa a algo máis de 25.000 hectáreas
Os cultivos afectados en Valencia ascenden xa a algo máis de 25.000 hectáreas
Segundo datos da entidade de seguros agrarios combinados Agroseguro, hai 10.000 agricultores afectados en 50.000 parcelas
Tamén hai unhas 150.000 solicitudes de indemnización polos danos en vivendas e vehículos
O Consorcio de Compensación de Seguros recibiu ata este sábado case 150.000 solicitudes de indemnización polos danos en vivendas e coches, das que 48.003 reclamacións corresponden a casas e case 90.000 a vehículos. Outras case 9.000 corresponden aos estragos en comercios e almacéns.
"Teño unha tenda de 400 metros cadrados e perdino todo, isto é unha ruína e son autónoma. As axudas son moi poucas e do Consorcio non sei cando nos darán algo", di unha das afectadas.
Sobre as perdas no agro, actualmente traballan sobre o terreo uns 40 peritos agrícolas. O dispositivo verase reforzado a partir do luns con outros 30 profesionais.
Os cultivos afectados ascenden xa a algo máis de 25.000 hectáreas, principalmente de cítricos, caqui, hortalizas e viñedos.
Segundo datos da entidade de seguros agrarios combinados Agroseguro, hai 10.000 agricultores afectados en 50.000 parcelas e con 650 millóns de quilos de produción danados.
O capital asegurado nestas zonas é de 250 millóns de euros, pero os expertos aínda non fixeron un balance provisional das indemnizacións previstas.
Debido á difícil situación que aínda se está a vivir, na provincia de Valencia, polo momento so recibiron arredor dun terzo dos partes de sinistro.