Iago Aspas espera prolongar a súa estancia no Celta máis aló de 2023
Iago Aspas espera prolongar a súa estancia no Celta máis aló de 2023
O de Moaña remata o contrato o ano do centenario do club vigués e expresou en 'Ao contraataque' o seu desexo de seguir en Vigo máis temporadas
Espera que o litixio entre o club e a axencia de representación non afecte a súa renovación
Confía en que o empate ante o Barcelona sirva para que os celestes retomen as boas sensacións na liga
O xogador do Celta Iago Aspas foi o convidado especial da edición de onte de 'Ao contraataque'. O de Moaña fixo balance do que levamos de temporada e tamén se referiu á polémica existente na actualidade entre o presidente do club vigués e a axencia que leva os dereitos de representación do xogador de Moaña:
"A min represéntame meu irmán, traballa nesa empresa e espero que falen comigo o co meu irmán se queren renovar. Xa falei co presidente, doéronme as palabras porque é meu irmán. Eu espero seguir no Celta máis aló de 2023".
O de Moaña tamén se referiu á situación do equipo esta temporada:
"Isto non vai de merecer. Todo o mundo quere mirar o máis arriba posible. Estamos cerca do balcón, pero as sensacións son diferentes á clasificación".
Ademais do seu futuro no Celta, Aspas falou doutros asuntos. Sobre a temporada, Iago ten plena confianza no vestiario e no traballo de Coudet. O de Moaña recoñece o bloqueo mental que sufriu no inicio da temporada.