Publicador de contidos
Publicador de contidos

Aspas: "Mundial? Son moi cabezón. Gustaríame volver e loito co Celta para acadalo"

Aspas: "Mundial? Son moi cabezón. Gustaríame volver e loito co Celta para acadalo"

O autor da vitoria celeste atendeu o Galicia en goles na zona mixta de Montilivi

G24.gal 27/08/2022 10:57

Aspas. Sempre Iago Aspas. De novo o de Moaña foi o protagonista do Celta no primeiro triunfo dos vigueses nesta temporada, ante o Xirona  en feudo catalán. Ao remate do encontro, falou para a Radio Galega no micrófono de Roberto Carlos Carballo.

"O gol era o oco que tiña, quedou o control un pouco curto. Isto vai por xeiras, unhas veces entra e outras vai á grada. Estou ledo pola vitoria e agora pensando no venres en Balaídos. Son moi cabezón, farei o mellor posible co Celta para volver coa selección. Estivo máis preto o cero a dous que o empate".

Poucos días antes do remate do mercado estival, o equipo do Celta aínda non está pechado e falta por chegar un dianteiro. Sobre un dos novos, Carles Perez, falou o xenio de Moaña.

"Leva moi pouco tempo pero está moi ben. Vese a xerarquía no campo e xa o comeza a amosar. Cando se recupere será un home moi importante para nós".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos