Publicador de contidos
Publicador de contidos

Atopan o cadáver dunha muller onde buscaban a condutora arrastrada pola riada en Toledo

Atopan o cadáver dunha muller onde buscaban a condutora arrastrada pola riada en Toledo

Sería a oitava vítima mortal da gota fría da fin de semana pasada 

Cinco minutos de silencio en Alcorcón en lembranza do seu veciño Manuel López

G24.gal 09/09/2023 19:48 Última actualización 09/09/2023 20:21

Un total de 150 membros da Unidade Militar de Emerxencias sumáronse este sábado ao dispositivo para localizar a muller desaparecida o domingo pasado en Valmojado, na provincia de Toledo. 

Conducía o seu coche por esta zona, unha das máis afectadas pola gota fría. O luns atoparon o vehículo baleiro e este mediodía o corpo da que, á espera de confirmación, sería a oitava vítima mortal da DANA.

"Un can da UME localiza a 50 metros do regato Vallehermoso o corpo sen vida dunha muller, pendente de identificar, que estaba agochado entre a maleza e a lama", informa Toñi Requena, voceira da comandancia da Garda Civil de Toledo.

En Aldea del Fresno, ao sur de Madrid, unha das zonas arrasadas pola DANA, a prioridade é restablecer a subministración de auga potable e as estradas. Tres dos catro accesos á localidade están cortados pola caída das pontes.

"Imos poñer unha plataforma peonil, a ver se podemos tela colocada a finais da semana que vén para dar acceso á xente aínda que sexa camiñando ao outro lado da ponte porque hai persoas que teñen que facer 96 quilómetros estando a 4 quilómetros do posto de traballo", asegura Alberto Plaza, rexedor da localidade.

"Removéronse 600 toneladas de terra en Aldea del Fresno para construír un espigón para soster a tubaxe que fornece de auga potable 270.000 veciños de Toledo", explica Francisco Martín, delegado do Goberno en Madrid.

Cinco minutos de silencio na localidade madrileña de Alcorcón para recordar o seu veciño, Manuel López, falecido na riada, e solidarizarse coa súa muller e os fillos.  

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade