Publicador de contidos
Publicador de contidos

Atopan o corpo sen vida dun home na costa de Ortigueira

Atopan o corpo sen vida dun home na costa de Ortigueira

Un particular alertou ao atopar a súa embarcación baleira a 300 metros do peirao

Imaxe de arquivo dun helicóptero de rescate (EFE/Adriel Perdomo) Imaxe de arquivo dun helicóptero de rescate (EFE/Adriel Perdomo)
G24.gal 26/06/2024 19:29 Última actualización 26/06/2024 20:59

O helicóptero Pesca II atopou este mércores o corpo sen vida dun home desaparecido na costa de Ortigueira.

Un particular alertara da súa desaparición pouco antes das 5 da tarde ao ver a súa embarcación fondeada e baleira a uns 300 metros do peirao de Ortigueira.

O cadáver estaba preto da embarcación nunha zona de lama. 

No operativo participaron Salvamento Marítimo de Fisterra, Servizo de Gardacostas de Galicia, Grupo acuático dos GES e Policía Local de Ortigueira, Garda Civil da Coruña e Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Ortigueira.

Polo de agora descoñécense máis circunstancias do suceso.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar