Publicador de contidos
Publicador de contidos

Investigan se a morte da muller que caeu ao mar nun coche en Moaña é un crime machista

Investigan se a morte da muller que caeu ao mar nun coche en Moaña é un crime machista

Segundo a Subdelegación do Goberno, o condutor atopado con vida enriba do vehículo ten antecedentes por violencia machista

O home "acelerou notablemente" antes de precipitarse ao mar, segundo sinalaron algunhas testemuñas

Os investigadores da Garda Civil non descartan ningunha hipótese

O coche que caeu ao mar no peirao de Domaio
G24.gal 05/10/2024 08:51 Última actualización 05/10/2024 21:01

Fadoua Akkar, de 41 anos, viaxaba de copiloto nun vehículo que se precipitou ao mar de madrugada en Moaña, no peirao de Domaio. O home que conducía o coche foi rescatado con vida pero a muller faleceu.

O subdelegado do Goberno en Pontevedra, Abel Losada, declarou que "hai indicios preocupantes" neste caso e agora tentan determinar se foi un crime machista.

"Hai que ser moi prudente, porque a investigación está en marcha, pero o certo é que unha muller perdeu a vida ao precipitarse á auga un coche conducido por un home. E hai testemuñas que indican que o vehículo acelerou notablemente nunha zona peonil antes de caer á ría".

Tras expresar as súas condolencias á familia da muller, "e por extensión a todas as mulleres", sinalou que o condutor ten antecedentes por violencia machista e figura no sistema VioGén.

Antecedentes

O home estivo en prisión e foi condenado pola Audiencia Provincial de Pontevedra por uns "feitos violentos" no ámbito da violencia de xénero ocorridos en 2012. De feito, tivo en vigor ata 2020 unha orde de afastamento con respecto a aquela vítima.

Losada tamén confirmou que a muller falecida non estaba no sistema VioGén e, por tanto, "non había ningunha medida de protección ao redor dela".

"Se se confirma a orixe machista desta morte, romperiamos unha serie positiva de 15 meses", lamentou o subdelegado.

A última morte por violencia machista na provincia foi no mes de xuño de 2023, cando un home asasinou a súa exparella nas inmediacións dun cámping de Oia e logo suicidouse.

Golpe na cabeza

O corpo da muller, de orixe marroquí e veciña de Salcedo (Pontevedra), foi atopado aboiando na agua durante as tarefas de retirada do vehículo. Segundo fontes da investigación, presentaba un forte golpe na cabeza.

O condutor, de 47 anos e veciño de Moaña, lograra poñerse a salvo no teito do vehículo e foi trasladado a un centro hospitalario con síntomas de hipotermia e perda de consciencia.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade