Cargando resultados...
Atopan o corpo sen vida dun home aboiando no porto de Vigo
Atopan o corpo sen vida dun home aboiando no porto de Vigo
O falecido é un home de 61 anos e crese que caeu á auga por accidente
G24.gal
12/06/2024 21:02
Última actualización 12/06/2024 21:46
Os bombeiros rescataron este mércores pola tarde un cadáver que apareceu aboiando no porto de Vigo.
Era o dun home de 61 anos, que está identificado.
Segundo fontes da investigación, a vítima non tiña sinais de violencia e todo parece indicar que caeu á auga por accidente.
O aviso chegou ao 112 pouco antes das oito e media da tarde.
🔴 #AXEGAInforma da localización do corpo sen vida dunha persoa flotando no 📍 porto de Vigo.
— 112 Galicia (@112Galicia) June 12, 2024
➡️ O rescate levouse a cabo polos Bombeiros de Vigo.
🚨 Urxencias Sanitarias de Galicia-061, @salvamentogob, @GardacostasGal, @policia e Policía Local, @guardiacivil e @PuertoDeVigo. pic.twitter.com/VbxM8EMFCH