Publicador de contidos
Publicador de contidos

Atopan un cento de animais maltratados nunha casa de Valencia

Atopan un cento de animais maltratados nunha casa de Valencia

A maioría eran galos con feridas ocasionadas en pelexas

Na propiedade había unha máquina coa que adestraban os animais

G24.gal 08/06/2024 18:50

A Garda Civil localizou nunha vivenda de Bétera, Valencia, máis dun cento de galos con sinais de maltrato. A maior parte deles estaban en moi mal estado e con múltiples feridas. 

Os axentes atoparon, tamén con evidencias de maltrato, un can e un guacamaio azul coas plumas cortadas e sen a documentación necesaria por tratarse dun animal protexido.

Un home e unha muller están investigados como sospeitosos de delitos de maltrato animal e tenza dunha especie protexida.

"Moitos destes galos tiñan múltiples feridas, consecuencia de seren utilizados en pelexas de galos. Na mesma vivenda había unha máquina para andar na que adestraban estes animais".
 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar