Publicador de contidos
Publicador de contidos

Polo menos 22 mortos nunha fábrica de baterías incendiada en Corea do Sur

Polo menos 22 mortos nunha fábrica de baterías incendiada en Corea do Sur

Unha das baterías sufriu unha combustión explosiva e puido provocar unha reacción en cadea

Fábrica incendiada en Corea do Sur (Reuters) Fábrica incendiada en Corea do Sur (Reuters)
G24.gal 24/06/2024 09:49 Última actualización 24/06/2024 12:51

As autoridades surcoreanas confirmaron que o grave incendio que afectou unha fábrica de baterías de litio en Hwaseong (45 quilómetros ao sur de Seúl) causou polo menos 22 falecidos, a maioría deles de nacionalidade chinesa, e un desaparecido.

O Departamento de Bombeiros de Hwaseong anunciou tamén que hai oito feridos, dos cales dous se atopan en estado grave e seis presentan feridas de pouca gravidade. Tamén se confirmou de momento que, de entre os falecidos, 18 teñen a nacionalidade chinesa e dúas a surcoreana. Hai tamén unha persoa de Laos entre as vítimas mortais, e outra cuxa identidade aínda non se esclareceu, segundo detallou a axencia de noticias Yonhap.

O incendio orixinouse arredor das 10:30 hora local e durante horas os bombeiros trataron de apagar o lume, algo moi complicado debido ao gran número de baterías de litio (crese que unhas 35.000) que había no interior do edificio de tres plantas.

Os bombeiros tardaron case catro horas en extinguir as lapas  Aínda que se descoñece aínda cal puido ser a orixe do lume, un traballador que logrou escapar do lume e atopábase na segunda planta contou aos bombeiros que de súpeto una das baterías sufriu unha combustión explosiva.

Isto podería xerar unha reacción en cadea dado o gran número de baterías de litio almacenadas no recinto.

Imaxes captadas por televisións locais mostraron explosións e chispazos sucedéndose no edificio mentres os bombeiros trataban de sufocar as lapas. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade