Publicador de contidos
Publicador de contidos

Atrasos na constitución dalgunhas mesas e na apertura dalgún colexio electoral

Atrasos na constitución dalgunhas mesas e na apertura dalgún colexio electoral

Nun colexio electoral da área de Vigo o atraso debeuse a que non era posible abrir a porta do local

Nunha mesa doutro local de Vigo faltaba o censo electoral

Tamén houbo atrasos noutras tres mesas nos concellos de Culleredo, Boqueixón e Ponteareas

G24.gal 18/02/2024 14:27

A xornada electoral comezaba con pequenas incidencias. Producíase algún atraso a primeira hora na constitución de varias mesas pola falta dalgún dos seus membros. Nalgúns casos houbo que botar man dos segundos suplentes.

Nun colexio electoral da área de Vigo o atraso debeuse a que non era posible abrir a porta do local. Tamén houbo atrasos noutras tres mesas nos concellos de Culleredo, Boqueixón e Ponteareas. 

Nun colexio de Vigo unha das súas 6 mesas foi a última en abrir de toda Galicia. Fíxoo 45 minutos máis tarde porque non atopaban o censo electoral. Segundo contaba o presidente da mesa, o censo levoullo a Policía Local.

Lugo foi a provincia onde máis rápido se constituíron. Estaban listas as 532 mesas ás 9:07 h. Seguiuna a de Ourense, que rematou o proceso ás 9:25 horas. Na Coruña completáronse as 1.543 mesas ás 9:45.

O tempo de atraso nas aperturas dos centros electorais recuperarase ao final da xornada. 

En Vilagarcía de Arousa nunha mesa comezaban cubrindo a acta con varios erros, a mesa constituíase e a acta levantouse a posteriori.

Varias persoas votaban na porta do edificio sindical de Lugo, que carece de acceso para persoas con mobilidade reducida. Varios deses votantes exerceron o seu dereito a voto ás portas do edificio. Os integrantes da mesa están a sacar nestes casos a urna ata a porta.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade