Publicador de contidos
Publicador de contidos

Aumenta a incidencia da depresión na infancia e na mocidade

Aumenta a incidencia da depresión na infancia e na mocidade

Segundo Save the Children, padécena un 3% dos menores de 14 anos

G24.gal 13/01/2022 20:12

Hoxe é o Día Mundial de Loita contra a Depresión, unha enfermidade que padecen 280 millóns de persoas en todo o mundo e que en Galicia afecta o 5,5% da poboación, lixeiramente por riba da media española.

Pero os datos tamén constatan o aumento da incidencia na infancia e na mocidade. O informe 'Medrar saudablemente', da organización Save the Children, rexistra o impacto da pandemia nos menores de 14 anos.

Os diagnósticos de trastornos mentais en nenos, nenas e adolescentes pasaron, de media, do 1% en 2017 ao 3% a finais de 2021.

A través dunha enquisa estatal a 2.000 fogares, o estudo revela que a incidencia chega ao 10% en familias que perderon os seus empregos pola crise da covid-19 e sobe ata o 13% en fogares con ingresos económicos baixos.

A pandemia que o mudou todo tamén está a cambiar a saúde mental. E non só a dos adultos, senón tamén a dos novos, que padecen o impacto das preocupacións asociadas ao coronavirus. 

A tristura é só un síntoma máis da depresión. A enfermidade maniféstase a través doutras evidencias, sobre todo, cando se prolongan no tempo. 

Grecia e España lideran o rango de incidencia na Unión Europea. Segundo a Enquisa Nacional de Saúde, a depresión afecta tres veces máis ás mulleres en España, onde están diagnosticadas 2,1 millóns de persoas.

En Galicia incide no 5,5% da poboación maior de 15 anos, levemente por riba da media española.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade