Publicador de contidos
Publicador de contidos

Aumenta o turismo dos, cada vez máis, numerosos beléns en toda Galicia

Aumenta o turismo dos, cada vez máis, numerosos beléns en toda Galicia

Por primeiro ano, o belenismo considérase unha tradición viva de Interese Cultural Patrimonial Inmaterial

G24.gal 17/12/2022 15:30

Fronte ao masivo turismo de luces dos últimos anos, hai tamén unha cada vez máis crecente afección aos beléns nos últimos anos. Algúns como o de Begonte chegan a sobrepasar os 40.000 visitantes.

O belén colocado a maior altitude de Galicia colócano os montañeiros a 2.127 metros en Pena Trevinca desde hai quince anos.

A rentes do chan, os belenistas afrontan menos dureza pero moitas máis horas de traballo. 

A Federación Española de Belenistas ten 32.000 socios. Apenas uns centos son galegos pero a comunidade pode presumir de beléns centenarios como os do artista Camilo Díaz Baliño en Ortigueira e a Grande Obra de Atocha na Coruña. Outros, como o de Baltar en Ourense e o de Begonte festexan os 50 anos, con máis visitantes cada Nadal.  É a auxe do chamado 'turismo de beléns'.

A maior parte sobrevive polo traballo desinteresado de anos de persoas xa maiores e o recambio non acaba de chegar.

A tradición do belenismo chegou a Galicia, como ao resto de Europa, hai tres séculos. A realeza e a aristocracia importárona de Italia e, co tempo, foi callando ata a casa máis humilde. Con calquera material, temática e en calquera espazo como o cabozo de Foz.

Son parte da nosa cultura, máis aló da relixión, e este ano o belenismo está de parabéns. É o primeiro Nadal que son de Interese Patrimonial Cultural Inmaterial, protección do Ministerio de Cultura para un patrimonio moi vivo.

As Tanxugueiras cantan este ano panxoliñas en Valga, no belén artesanal en movemento máis grande de Galicia.  É un dos milagres de Nadal.
 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos