Publicador de contidos
Publicador de contidos

Aumenta a inseguridade no centro de Lugo polas frecuentes pelexas as fins de semana

Aumenta a inseguridade no centro de Lugo polas frecuentes pelexas as fins de semana

Desde que comezou o ano a policía detivo a 11 persoas implicadas nestas leas

Veciños e comerciantes piden máis vixilancia policial e cámaras de seguridade

G24.gal 30/01/2023 14:02

A puñada limpa. Son as duras imaxes da última pelexa entre mozos no centro histórico de Lugo. Unha lea que se saldou con dous detidos e varios feridos, un deles cun nocello roto. Episodios que están a ser demasiado frecuentes nas noites de movida.

"Isto convén cortalo", di un veciño, e outra sinala que "ouriñan aí na catedral, isto é horrible".

Once detencións no que levabamos de mes, algúns reincidentes por participar en varias leas. "Todos foron detidos con inmediatez, en horas", explica Manuel Arias, voceiro da Policía Nacional en Lugo.

Desde algunhas asociacións reclaman máis presenza policial e cámaras de seguridade. "Estamos fartos, aburridos de pedir máis seguridade e cámara de vixilancia, a ninguén lle gustan as cámaras pero é un mal menor", asegura o presidente da asociación Lugo Monumental, Luis Latorre.

Unha medida que xera debate na rúa, pero que tamén ten moitos apoios. "Perfecto, eu non teño problema coas cámaras de seguridade", di unha veciña, outro cre que serían eficaces para "que se saiba quen son para detelos".

As leas son máis frecuentes no centro histórico, pero tamén se estenden a outros barrios da cidade.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade