Publicador de contidos
Publicador de contidos

Denuncian o mal estado en que se atopa a contorna do Coliseum da Coruña

Denuncian o mal estado en que se atopa a contorna do Coliseum da Coruña

Os veciños do recinto feiral levan dous anos reclamando melloras

Confían en que agora coa chegada da liga ACB a esas instalacións si que os escoiten

G24.gal 11/09/2024 14:01

A simple vista, a contorna do Coliseum non se ve mal. Pero os veciños que transitan acotío pola zona din que está completamente abandonada.

"Agora que se vai disputar aquí a ACB terían que mirar por mellorala". "Está abandonada", din.

Na zona do aparcamento hai un ascensor. Leva máis dunha década sen funcionar.

"É que xa nin podes entrar porque diante da porta sempre está cheo de palés, lixo e colchóns". "Isto complícalles moito a vida ás persoas con mobilidade reducida porque teñen que dar moita volta para poder acceder ao interior das instalacións", aseguran.

Quéixanse tamén da inseguridade na zona, onde os roubos nos coches está á orde do día.

"A min roubáronme onte no coche". "Non hai luz nin seguridade e a xente ten medo", asegura unha vítima dun roubo.

Porén o aparcadoiro soterrado tampouco se libra das queixas. Amais de estar cheo de humidades, din que aquí se xuntan os mozos para facer botellóns e derrapaxes.

"Xa protestamos e alguén nos dixo que aquí non molestan a ninguén. Que mellor aquí ca no centro", contan.

Confían en que agora que o Coliseum será tamén onde o Básquet Coruña dispute os seus encontros da Liga ACB, si que os escoiten.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade