Publicador de contidos
Publicador de contidos

Aumentan as consultas sobre préstamos persoais para as compras de Nadal

Aumentan as consultas sobre préstamos persoais para as compras de Nadal

Os galegos gastarán de media algo menos de 500 euros, un 5% menos que o ano pasado

G24.gal 28/11/2022 14:29

Este Nadal gastaremos de media algo menos de 500 euros, un 5% menos que o ano pasado. Con todo, cada vez máis consumidores estudan financiar e aprazar os pagos das súas compras. Aumentan as consultas sobre este tipo de produtos, pero prevese que o importe solicitado sexa menor e a pagar en máis prazos.

Tamén volven os pagos a cota fixa, as coñecidas tarxetas revolving, que nalgúns casos levan xuros moi elevados. As asociacións de consumidores e usuarios recomendan facer ben as contas dos xuros antes de contratar produtos financeiros.

Os expertos aconsellan planificar ben as compras, comparar e comprobar a fiabilidade das entidades que ofrecen os produtos financeiros e non solicitar máis cartos dos que se necesitan.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade