Publicador de contidos
Publicador de contidos

Aumentan as renuncias a herdanzas en Galicia case o triplo nunha década

Aumentan as renuncias a herdanzas en Galicia case o triplo nunha década

O pasado ano 3.600 persoas rexeitaron un legado en Galicia 

Un dos motivos é a existencia de débedas asociadas

G24.gal 10/03/2024 12:50 Última actualización 10/03/2024 13:22

Un total de 3.600 persoas renunciaron a herdanzas o ano pasado en Galicia. É un acto irrevogable e tense que facer nunha escritura. Este tipo de rexeitamentos case se triplicaron na última década. 

"Vimos da época da covid, que hai máis falecementos en comparación cun ano normal, por iso hai máis renuncias pero tamén hai máis aceptacións. Non cremos que os galegos renuncien máis ás herdanzas, senón que hai máis herdanzas", explica o avogado Fernando Mosquera.

Unha das razóns polas que alguén refusa unha herdanza é porque sospeita da existencia de débedas asociadas que tería que pagar do seu peto. 

"O que se fai coa aceptación a título de inventario é que as débedas da herdanza se pagan só cos bens da herdanza".

O que non é motivo para desbotar unha herdanza son os impostos. En Galicia hai bonificación, tanto para herdar de persoas falecidas como en vida.

"En Galicia existe o pacto de mellora ou herdanza en vida e cada vez hai máis xente que a fai. É fantástica, está exenta de impostos, igual que as outras herdanzas, hai bonificacións que poden chegar ata o millón e medio de euros".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade