Publicador de contidos
Publicador de contidos

Soben os casos de covid-19 en Galicia polas mutacións constantes e as interaccións

Soben os casos de covid-19 en Galicia polas mutacións constantes e as interaccións

A comunidade científica coincide en que hai que continuar vixiantes

G24.gal 10/09/2023 14:03 Última actualización 10/09/2023 14:34

Aínda que en maio a OMS decretou a fin da emerxencia sanitaria global provocada pola covid-19, a enfermidade segue e seguirá entre nós. Como agardaba a comunidade científica, as interaccións entre a xente no verán e as mutacións constantes do virus están a provocar un aumento de casos.

Non é que o SARS-CoV-2 volva senón que nunca se foi. Desde 2021 a variante Ómicron non deixou de mutar.

"A que está circulando, unha das liñaxes, é unha que se chama XBB; xurdiu outra que se chama EG5, e unha máis recente, que descende dunha orixinal aínda de Ómicron, que é a 286. Liñaxes e subliñaxes que se van enchendo de números, de forma continua, pero segue sendo segundo a OMS Ómicron", aclara África González, catedrática de Inmunoloxía na Universidade de Vigo.

Conta a inmunóloga que aínda non se coñece nin o grao de transmisibilidade nin o cadro clínico asociado das variantes EG5 e 286, que nestes días está sendo considerada pola OMS. 

"O virus segue infectando. Cando atopa persoas vulnerables, en cuxo sistema inmunitario decaeron os anticorpos, e vai atopando o seu oco, seguirá infectando. Eu creo que é un virus que veu para quedar e ao que xa temos que ir acostumándonos. E imos seguir tendo vagas de infección deste virus", engade a catedrática de Inmunoloxía na Universidade de Vigo, África González.  

Por iso, a comisión española de vacinas decidiu que a poboación inmunodeprimida, os maiores e os sanitarios deben vacinarse dobremente, contra a gripe e a covid-19.

A maioría da comunidade científica coincide en que todos os países teñen que seguir vixiantes co SARS-CoV-2, continuar secuenciando o virus e rexistrando a súa incidencia.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos