Publicador de contidos
Publicador de contidos

Aumentan os coidados faciais coa fin da obrigra do uso das máscaras

Aumentan os coidados faciais coa fin da obrigra do uso das máscaras

Increméntase a venda de cores vivas para os beizos e de tratamentos médico-estéticos

G24.gal 21/04/2022 14:39

Buscan cores vivas para os beizos agora que se volven ver os sorrisos tamén en interiores. Aumentan os coidados faciais para recuperar a imaxe completa do rostro. Dende unha perfumería explican que cada vez venden máis pintalabios, especialmete vermellos.

Increméntase a demanda de tratamentos médico-estéticos. Da zona que cubría a máscara e tamén dos ollos.

Álvaro Velázquez Villoria, responsable de medicina estética e oculoplastia nunha clínica, explica que notaron un aumento da cirurxía de párpados e en xeral dos retoques faciais, tamén dos tratamento dos beizos con ácido hialurónico.

As barbas retoman protagonismo e recuperan coidados neste novo período en que as rutinas de coidado facial xa coinciden co tempo en que moitos xa se preparan para a tempada de verán.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade