Desde mediados de maio aumentou a incidencia de covid e a demanda de tests
Desde mediados de maio aumentou a incidencia de covid e a demanda de tests
O uso das máscaras tamén medrou para evitar os contaxios
A repunte dos casos covid agora que xa non hai alerta médica apréciase sobre todo nas farmacias, que desde hai mes e medio despachan máis tests do habitual. É unha mostra de que aumentan os casos e de que se mantén a preocupación pola enfermidade.
O virus segue circulando e a incidencia triplicouse desde mediados do mes de maio Son variedades máis contaxiosas, pero os síntomas son máis levadíos. Segundo relatan nas boticas, quen leva os tests faino para saír de dúbidas.
Preocupa sobre todo contaxiar os máis vulnerables, por iso tamén aumenta a venda de máscaras, que volven ser habituais nalgúns espazos pechados.
Non hai desabastecemento, pero alerta de que o virus se mantén cando fai un ano desde que a Organización Mundial da Saúde declarara a fin de emerxencia pola covid.