Publicador de contidos
Publicador de contidos

Aumentan os divorcios e as separacións en Galicia

Aumentan os divorcios e as separacións en Galicia

As cifras incrementáronse un 22 % respecto ao pasado ano

As separacións e os divorcios consensuados aumentaron exponencialmente na nosa comunidade autónoma

G24.gal 10/06/2024 22:26

As demandas por rupturas matrimoniais aumentaron en Galicia un 22 %, segundo as últimas informacións da sección de Estatística do Consello Xeral do Poder Xudicial.

Unha realidade que veñen detectando dende hai meses nos despachos de avogados. Datos do primeiro trimestre do ano, é dicir, de xaneiro a marzo, xusto despois das vacacións de Nadal, cando hai máis interacción familiar. 

E dentro desas rupturas incrementáronse as separacións e os divorcios consensuados, o cal é, segundo os expertos, máis práctico e menos custoso tanto económica como emocionalmente.

Con todo, Galicia non é a que rexistra os peores datos de España, estamos moi lonxe de liderar o número de separacións e divorcios. A clasificación encabézana os navarros, cunha suba de máis do 80 % respecto a 2023.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade