Aumentan os usuarios de bus nas cidades con estación intermodal

Cidades con estación intermodal como Vigo, Ourense e Santiago aumentaron os pasaxeiros de autobuses

A estación intermodal de Santiago de Compostela foi a primeira de Galicia
G24.gal 06/11/2023 15:06

O modelo de estación intermodal gusta. A proximidade, a comodidade, as instalacións modernas e, sobre todo, a conectividade.

As estacións intermodais están favorecendo un aumento de viaxeiros no transporte de autobús. Nótano os usuarios

E demóstrano as cifras. Os buses de Vigo dende que se inaugurou a nova estación reciben un 45 por cento máis de viaxeiros que hai xusto un ano. Tamén melloraron en Ourense, segundo os datos facilitados pola Consellería de Infraestruturas e Mobilidade.

Santiago foi a primeira intermodal en inaugurarse, en maio do 2021 en plena pandemia. Dende entón, os autobuses gañaron un millón máis de pasaxeiros.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade