A Xunta mantén a gratuidade do transporte interurbano para menores de 21 anos en 2024

A conselleira de Infraestruturas destaca a aposta do Goberno galego cun investimento de cen millóns de euros ao ano no transporte interurbano

G24.gal 15/11/2023 14:30

O número de pasaxeiros dos autobuses interurbanos incrementouse un 21% no último ano na área metropolitana de Ourense. "É unha comodidade, porque eu non conduzo". "A min tamén me gusta viaxar en tren, pero o autobús cólloo na porta da casa", sinalan dúas usuarias.

A accesibilidade e o aforro, pola redución das tarifas, son os argumentos principais dos usuarios. Os menores de 21 poden viaxar de balde e, a partir de xaneiro, tamén os maiores de 65.

A conselleira de Infraestruturas, que fixo en Ourense balance do Plan de Transporte, destacou que o 9 0% dos galegos están a menos de 500 metros dunha parada de autobús e que os servizos aumentaron preto do 40 %.

Ethel Vázquez, conselleira de Infraestruturas e Mobilidade: "É unha aposta que se reflicte nos investimentos: cen millóns de euros ao ano para que Galicia conte cun transporte público interurbano de calidade".

Ethel Vázquez lamentou os atrasos das obras na parte ferroviaria da intermodal de Ourense.
 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos