Publicador de contidos
Publicador de contidos

Francia e os Países Baixos deixan a resolución do grupo para a última xornada

Francia e os Países Baixos deixan a resolución do grupo para a última xornada

Empate sen goles entre os dous favoritos do Grupo D cun gol anulado ao neerlandés Simons

Austria gañoulle a Polonia (3-1) e déixaa ao bordo da eliminación

G24.gal 21/06/2024 20:45 Última actualización 21/06/2024 22:52

Sen Mbappé no campo non houbo goles. Deschamps reservou á súa figura -terá que xogar cunha máscara- e Francia e os Países Baixos empataron sen goles no partido que debía decidir o campión do Grupo D. Todo quedará pendente da última xornada na que haberá que mirar todos os parámetros; a puntuación e mesmo a diferenza de goles. 

Había moito respecto entre os dous conxuntos e as ocasións foron cativeiras. Países Baixos conseguiu marcar un gol no minuto 70 pero o tanto de Simons foi anulado por un fóra de xogo. 

Austria impúxose por 1-3 a Polonia grazas aos goles de Trauner, Baumgartner e Arnautovic, este último de penalti, para manter viva a esperanza de clasificarse aos oitavos de final da Euro'24 e deixar ao equipo de Lewandowski -que regresou logo da lesión- ao bordo do precipicio. 

O partido resolveuse na segunda parte, despois dun primeiro tempo parello no que os dous equipos tiveron boas fases do xogo. Austria sentenciou nun bo segundo tempo e pasa a depender de si mesma aínda que o favoritismo segue estando nas outras dúas seleccións do seu grupo, Países Baixos e Francia. 

1 - Polonia: Szczesny; Bednarek, Dawidowicz, Kiwior; Frankowski, Zielinski (Urbanski, m. 87), Zalewski; Piotrowski (Moder, m. 46); Slisz, Piatek (Lewandowski, m. 59), Buksa (Swiderski, m. 59).

3 - Austria: Pentz; Posch, Lienhart, Trauner (Danso, m. 59) Mwene (Prass, m. 63); Seiwald, Laimer; Grillitsch (Wimmer, m. 46), Baumgartner (Schmid, m. 81), Sabitzer; Arnautovic (Gregoritsch, m. 81).

Goles: 0-1, m. 9: Trauner. 1-1, m. 30: Piatek. 1-2, m. 66: Baumgartner. 1-3, m. 78: Arnautovic, de penalti.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar