Autobello 2022, luxo e exclusividade na Toxa
Autobello 2022, luxo e exclusividade na Toxa
As instalacións do Real Club de Golf da Toxa foron o epicentro dunha concentración de coches inusuais
Por primeira vez, a nosa comunidade, acolleu unha exposición de vehículos e reloxos de luxo
Autobello elixiu Galicia para amosar os coches máis exquisitos do mundo. Edicións especiais, fóra de catálogo, que marcas e clientela presentan en eventos privados coma este.
Dende o máis selecto, coma unha edición especial de Lamborghini, pasando por coches eléctricos, que abren o camiño cara ao futuro sen perder potencia.
Pequenas xoias, ao alcance de moi poucos, que aglutinan na illa a afeccionados, curiosos e amantes do motor.
Unha competición de beleza, non de velocidade. Aínda que atopamos vehículos de 900 cabalos similares a un Fórmula un. Custa uns 500.000 mil euros.
Autobello volverá a Galicia, o ano vindeiro con máis exclusividade e, a maiores, cun salón náutico coas última novidades no mercado.