Cargando resultados...
Aviso amarelo por chuvias no litoral da provincia da Coruña
Aviso amarelo por chuvias no litoral da provincia da Coruña
As precipitacións poden ser puntualmente intensas entre Fisterra e Ortegal
G24.gal
15/10/2022 19:13
Última actualización 15/10/2022 19:22
Durante as vindeiras semanas Galicia afronta o período do ano no que historicamente se rexistran os episodios de chuvia máis extremos. Semella que as precipitacións cumprirán.
A semana que vén formarase a primeira gran borrasca do outono, pero esta fin de semana as chuvias xa irromperon con bastante forza. Estano notando as provincias atlánticas, especialmente na Coruña.
Desde as nove da mañá unha fronte estacionaria mantén activo un aviso amarelo no oeste e no noroeste do litoral coruñés por acumulación de máis de 40 litros por metro cadrado en 12 horas.
As precipitacións poden ser puntualmente intensas entre Fisterra e Ortegal.