Aviso laranxa este domingo por temporal en todo o litoral e por vento nas costas da Coruña e de Lugo
Aviso laranxa este domingo por temporal en todo o litoral e por vento nas costas da Coruña e de Lugo
Aviso laranxa este domingo por temporal en todo o litoral e por vento nas costas da Coruña e de Lugo
Agárdase mar combinado con ondas de ata 8 metros en todo o litoral
Haberá refachos de vento na costa noroeste da Coruña e na Mariña de 100 km/h
A Dirección Xeral de Emerxencias e Interior da Xunta activou para este domingo o aviso laranxa por temporal en todo o litoral galego e por vento na costa noroeste da Coruña e na Mariña de Lugo.
A Axencia Estatal de Meteoroloxía (AEMET), informa de que os dous fenómenos atmosféricos adversos de nivel laranxa comezarán a última hora da tarde do domingo.
No caso do temporal costeiro, espérase mar combinado do noroeste con ondas de ata 8 metros en todo o litoral.
O vento do oeste ou suroeste será de forza 8 ao norte de Fisterra e poderá alcanzar ocasionalmente forza 9. En canto á alerta laranxa por vento na costa noroeste da Coruña e na Mariña de Lugo, espéranse refachos de 100 km/h.
Co fin de garantir a seguridade dos bens e das persoas, a Xunta, a través do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias 112 Galicia, informou da situación aos concellos das provincias afectadas; deputacións, servizos provinciais e agrupacións de voluntarios de Protección Civil e aos clubs náuticos, entre outros.
Lembra ás persoas a importancia de manterse afastadas da liña de costa, isto é, de diques, rompentes e paseos marítimos, e recomenda que se extremen as medidas de seguridade á hora de realizar calquera actividade no mar e que se revisen os cabos e amarres das embarcacións.
E chega a friaxa invernal o domingo á espera da borrasca Fien, que traerá vento, neve e temporal marítimo desde o luns.
A #BorrascaFien estará situada nos vindeiros días entre Francia e Inglaterra🧐Teremos forte vento na maior parte do norte e leste peninsular e un notable descenso das temperaturas máximas a partir do martes 17.
— MeteoGalicia (@MeteoGalicia) January 14, 2023
🧐Pendentes das previsións🧐 #FelizFinde pic.twitter.com/UapH2C9dOy