Axenda turística para consortes dos líderes participantes no cumio da OTAN
Axenda turística para consortes dos líderes participantes no cumio da OTAN
Coa raíña Letizia de anfitrioa, visitaron a Granxa de San Ildefonso e o Museo Raíña Sofía
A raíña Letizia e os consortes dos líderes participantes no cumio da OTAN chegaron a Segovia en tren.
Todos os que quixeron apuntarse a esta axenda turística, menos a primeira dama estadounidense.
Jill Biden, por motivos de seguridade, foi en coche directamente ao Real Sitio da Granxa de San Ildefonso.
Coa raíña de anfitrioa, a comitiva percorreu os xardíns do palacio.
Diante dunha das súas famosas fontes fixeron a primeira foto de grupo da xornada.
Nela, só dous homes: os maridos do primeiro ministro de Luxemburgo e da presidenta eslovaca.
Acompañados pola raíña e a esposa do presidente do Goberno, visitaron a exposición de tapices. Na Real Fábrica de Cristais presenciaron unha exhibición de vidro soprado.
Xa de volta en Madrid, visitaron o museo Raíña Sofia, pechado ao público para a ocasión.
Alí volveron posar en grupo diante do Guernica de Picasso antes de degustaren un menú de alta cociña española deseñado polos chefs da rede de Paradores.