Cargando resultados...
Axudas da Xunta para rehabilitar vivendas e edificios nos Camiños de Santiago
Axudas da Xunta para rehabilitar vivendas e edificios nos Camiños de Santiago
1,3 millóns de euros para a rehabilitación en 55 concellos
G24.gal
11/12/2021 13:36
A conselleira de Medio Ambiente quixo coñecer de primeira man en Boimorto o resultado das actuacións de rehabilitación que foron subvencionadas no municipio. A Xunta concedeu este ano 135 axudas para rehabilitar vivendas e edificios situados nas distintas rutas xacobeas.
É a cifra máis alta desde a posta en marcha do programa. As subvencións outorgadas ao abeiro da convocatoria deste ano ascenden a 1,3 M€ e permitirán intervir e mellorar inmobles de carácter residencial nun total de 55 concellos galegos.