Publicador de contidos
Publicador de contidos

Ayuso tras ver o Papa: "Pediunos que deixemos de falar tanto do pasado e de guerras"

Ayuso tras ver o Papa: "Pediunos que deixemos de falar tanto do pasado e de guerras"

Francisco recibe a presidenta da Comunidade de Madrid e o alcalde da cidade

A audiencia forma parte dos actos do IV centenario da canonización de Santo Isidro

A presidenta madrileña saúda ao papa Francisco
G24.gal 18/03/2023 20:21 Última actualización 18/03/2023 20:40

Da situación política en España falaron este sábado no Vaticano o papa Francisco e a presidenta da Comunidade de Madrid, que viaxou a Roma, xunto ao alcalde da capital, co gallo do quinto centenario da canonización de Santo Isidro Labrador.

O pontífice saudou a Díaz Ayuso e a Martínez Almeida, a quen se referiu como o herdeiro da gran Manuela Carmena. Nas declaracións posteriores, o alcalde dixo que foi un encontro emocionante e inesquecible.

A presidenta madrileña explicou que o Papa lles pediu aos políticos unidade e que deixen de falar tanto do pasado e das guerras. Neste sentido, Díaz Ayuso restou importancia á súa mensaxe de WhatsApp onde afirmaba que a esquerda está acabada.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade