Publicador de contidos
Publicador de contidos

Badalona quere competir con Vigo pola decoración do Nadal

Badalona quere competir con Vigo pola decoración do Nadal

O alcalde Xavier García Albiol anunciou que instalarán a árbore iluminada máis alta de España

O rexedor de Vigo Abel Caballero apunta que a decoración de Vigo só compite con Nova York

G24.gal 05/09/2023 14:11

Como o turrón, compararse con Vigo comeza a ser un clásico do Nadal. Se Irún se adiantaba á presentación do Nadal en agosto, agora o alcalde de Badalona advirte que instalará a árbore iluminada máis alta de España.

Xavier García Albiol explicaba que será a árbore máis alta iluminada de España, con 40 metros. "Farémoslles chegar a algúns na outra punta de España que Badalona tamén somos os primeiros en moitas cosas".

Caballero insiste en que o Nadal de Vigo non ten competencia e advirte que este ano haberá sorpresas: "Hai moitos alcaldes e alcaldesas que fan un gran Nadal, pero o de Vigo só compite con Nova York. O resto son outras divisións".

Na rúa toman con humor esta competencia. O que menos gusta é que se fale tanto do Nadal a comezos de setembro.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade