Publicador de contidos
Publicador de contidos

Baixa o prezo da luz, pero aumentará o IVE

Baixa o prezo da luz, pero aumentará o IVE

Ao custar o megawatt menos de 45 euros de media, o IVE será do 21 %

G24.gal 27/02/2024 13:58

O IVE reducido, agora do 10 %, estaba pensado para facerlle fronte á suba do prezo da luz. Unha rebaixa que só se aplica se o prezo do megawatt supera os 45 euros. 

Cristian Canosa, xerente da consultora enerxética Atlántica Energía, explica que "todo apunta a que vai estar por baixo de 45 euros. Veremos que nas facturas de marzo o tipo impositivo que se aplicará a todos os consumidores que teñan contratados menos de 10 quilowatt de potencia será do 21 %. Volveremos ver repuntar o total da factura aínda que non o da enerxía".

Para os consumidores, as facturas non sempre son doadas de interpretar. O tipo de contrato tamén influirá no resultado final a pagar, por iso os expertos recomendan asesorarse en caso de dúbidas.

Canosa matiza que "os consumidores con prezo variable aproveitarán a baixada do mercado, pero subiralles o tipo impositivo. Os que teñan un prezo fixo de luz non verán  o prezo do o quilowatt reducido coa  baixada do mercado, pero si verán incrementado o IVE e así o total bruto da factura". 

Apunta que no segundo trimestre do ano o prezo da luz seguirá á baixa, pero xa a partir de mediados de ano o megawatt podería volver superar os 60 euros. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade